Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programa de conciliación en Semana Santa: Lecer en Arzúa

O Concello de Arzúa axuda á conciliación en Semana Santa cun entretido programa de Lecer

 

A Concellería de Benestar Social de Arzúa organiza unha nova actividade de conciliación para Semana Santa, baixo o título de Lecer en Arzúa o departamento que dirixe a edil Aurora Varela ofrecerá a todas as familias do municipio un lugar onde os rapaces e rapazas que participen establezan relación interpersoais a través da convivencia, a realización de actividades e o crecemento persoal.

Lecer en Arzúa terá lugar os días 10, 11 e 12 de abril en horario de 10 a 2 do mediodía no Recinto Feiral Terra do Queixo. Nel poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

As familias interesadas en participar deberán facer unha inscrición previa nas oficinas municipais do Concello, entre os días 3 e 6 de abril (ambos inclusive) entre as 9.30 e as 13.30 horas.

Lecer en Arzúa é unha alternativa de conciliación que dende o Concello de Arzúa se ofrece ás familias do municipio coa intención de facilitarlles o desenvolvemento da súa vida diaria nunhas datas especiais. Trátase de buscar un espazo no que se participe, se goze, se valoren outras alternativas de diversión, onde se ensine, se aprenda…; un lugar para o intercambio mutuo e onde se valoren as tradicións, os costumes, a biodiversidade ou a natureza.

Aurora Varela, concelleira do departamento que promove esta iniciativa, sinalaba esta mañá que “procuramos utilizar o campamento como unha canle de transmisión de coñecementos sobre a cultura patrimonial ao tempo que queremos que os participantes aproveiten o máximo posible o tempo que invirtan aquí fomentando unha aprendizaxe experimental e construtiva ao mesmo tempo que melloran a súa visión do lecer no tempo libre.

Entre as actividades que se levarán a cabo nesta iniciativa e que a bo seguro resultarán do interese dos nenos e nenas, salientamos as seguintes: gymkanas de xogos tematizadas, obradoiro de reciclaxe e reutilización, obradoiro de cociña, xogos musicais,talleres de globoflexia e maquillaxe de caracterización, actividades de coñecemento da contorna mediante xogos de pista e rastreo.

Aurora Varela convida ás familias do municipio a participar neste proxeto que “de seguro potenciará a súa creatividade, a iniciativa e a autoestima persoal mediante actividades baseadas na participación, na imaxinación, na igualdade, no respeto, no xogo e a formulación de retos persoais, buscando a integración de todos os nenos e nenas nunha dinámica positiva de aprendizaxe, diversión e creación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email