Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2018

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que a Consellería de Política Social convoca prazas para estadías e tratamento termal dentro do PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2018.

Serán beneficiarios das prazas as persoas que reunan os seguintes requisitos:

◦ Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
◦ Estar empadroado e residir nalgún concello de Galicia.
◦ Non padecer enfermidade intecto-contaxiosa.
◦ Poder valerse por si mesmo.
◦ Precisar dos tratamentos termais e carecer de contraindicación médica.
◦ Tamén poderán ser beneficiarios os cónxuxes de quen reúnan os requisitos anteriores.
◦ Tamén poderán participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) e o desenvolvemento destas terá lugar entre os meses de maio e outubro de 2018.

Para máis información póndense dirixir ós SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Arzúa, antes do 11 de maio de 2018.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email