Arzúa o destino verde de Galicia

PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017

17 marzo, 2017

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que a Consellería de Política Social convoca prazas para estadías e tratamento termal dentro do PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2017.

Serán beneficiarios das prazas as persoas que reunan os seguintes requisitos:

– Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
– Estar empadroado e residir nalgún concello de Galicia.
– Non padecer enfermidade intecto-contaxiosa.
– Poder valerse por si mesmo.
– Precisar dos tratamentos termais e carecer de contraindicación médica.

Tamén poderán ser beneficiarios os cónxuxes de quen reúnan os requisitos anteriores.
Tamén poderán participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) e o desenvolvemento destas terá lugar entre os meses de abril e decembro de 2017.

Para máis información e para poder tramitar a solicitude, póndense dirixir ós SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Arzúa, antes do 7 de abril de 2017.

Last modified: 31 marzo, 2017

Comments are closed.