Arzúa o destino verde de Galicia

PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2015

28 abril, 2015

bases policia local 2015

A N U N C I O LISTA PROVISIONAL (PUBLICADA PAG. WEB 8/04/2015)

lista definitiva  (publicada pag. web 24/04/2015)
Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que a Consellería de Traballo e Benestar convoca prazas para estadías e tratamento termal dentro do PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS 2015.

Serán beneficiarios das prazas as persoas que reunan os seguintes requisitos:

Ser maior de 60 anos,ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
Estar empadroado e residir nalgún concello de Galicia.
Non padecer enfermidade intecto-contaxiosa.
Poder valerse por si mesmo.
Precisar dos tratamentos termais e carecer de contraindicación médica.
Tamén poderán ser beneficiarios os cónxuxes de quen reúnan os requisitos anteriores.
Tamén poderán participar os/as fillos/as ou persoas tuteladas que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) e o desenvolvemento destas terá lugar entre os meses de xuño e decembro de 2015.

Para máis información e para poder tramitar a solicitude, póndense dirixir ós SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Arzúa, antes do 13 de maio de 2015.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.