Arzúa o destino verde de Galicia

Programa “Contos na biblioteca”

7 septiembre, 2017

A biblioteca de Arzúa acollerá varias sesións de contacontos no mes de setembro.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, en colaboración coa Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, un programa de contacontos que encherá esta inslatación de actividades de animación á lectura co firme propósito de achegar aos máis pequenos da casa á biblioteca e fomentar o uso do galego.

A primeira sesión que terá lugar mañá venres, día 8 de setembro, correrá a cargo da compañía Migallas Teatro que poñerá en escena o espectáculo “Contos nas orellas”, unha actividade para todos os públicos onde nenos e maiores poderán gozar das historias e coñecer instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica a través de contos de risa, trasnos e carapuchiñas con música en directo.

As outras sesións levaranse a cabo os venres 15 e 22. O venres día 15 tocaralle a quenda á compañía Bocaberta que realizará unha actuación titulada “Carmiña Miudiña”.

A última sesión corresponderalle á compañía Teatro do Andamio que chegará a Arzúa cun espectáculo chamado “Contacontos coa Princesa Teresa”.

Estás actuacións serán as cinco e media da tarde, na biblioteca e con acceso libre e gratuíto.

Last modified: 7 septiembre, 2017

Comments are closed.