Arzúa o destino verde de Galicia

Programa «Coñece o teu país»: Visita a Quiroga

9 julio, 2012

O Departamento de Cultura informa que o Concello de Arzúa organiza para o vindeiro sábado día vinte e oito de xullo a segunda excursión do programa “Coñece o teu país” deste ano.

Así, de maneira totalmente gratuíta, os veciños e veciñas poderán coñecer máis de preto o municipio lucense de Quiroga.

Realizarase unha visita guiada ao museo etnográfico municipal para adentrarse na historia e nas costumes máis tradicionais de Quiroga, como por exemplo, a producción artesanal de aceite. Tamén se desfrutará da mellor natureza no mirador sobre o pregamento xeolóxico de Campodola, o que moitos científicos sinalan como un dos puntos da xeoloxía estructural máis importantes de España, tratándose dun espectáculo natural que ten moi poucos puntos de comparación en todo o continente, xa que só nos Alpes e nalgún punto dos Pirineos e Teruel pode contemplarse algo semellante.

A inscrición comezará o vindeiro martes día dezasete de xullo e segundo indicacións da responsable do Departamento de Cultura, Natalia Pereira Rey, todas as persoas interesadas en participar no programa deben achegarse persoalmente ao Departamento de Cultura, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante.

As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición. Todas aquelas persoas que desexen apuntarse poden facelo de maneira totalmente gratuíta no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30h e as 15:00h.

Lembren que o a oficina está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Pai Pardo nº 33, no 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.