Arzúa o destino verde de Galicia

PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2014

26 marzo, 2014

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa INFORMA que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o Programa CAMPAÑA DE VERÁN 2014.

O obxectivo é facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral levaranse a cabo tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

Poden participar neste programa os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos de idade.

O prazo de solicitude remata o 10 de abril de 2014.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.