Arzúa o destino verde de Galicia

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS

3 febrero, 2015

A Consellería de Traballo e Benestar convoca un ano maís as Prestacións económicas de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos.

PRAZO

Do día 3 de febreiro ao 11 de marzo de 2015.

BENEFICIARIOS

* As persoas con fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2015 (nacidos entre 02-01-2012 e o 01-01-2015, inclusive).

* Fillos ou fillas adoptados ou acollidos entre o 31-12-2013 e 31-12-2014

Serán beneficiarios desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a Declaración da Renda do exercicio 2013.

PRESTACIÓN

Consistirá nun pagamento único para cada fillo ou filla menor de tres anos, sendo a contía da prestación de:

– cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
– cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
– cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN

Nos Servizos Sociais – oficina do Educador Familiar- , de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.

Last modified: 6 enero, 2019

Comments are closed.