Arzúa o destino verde de Galicia

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS

5 abril, 2017

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que a Consellería de Política Social establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2017, según a Orde do 24 de marzo de 2017.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2017 e que, durante o ano 2015, nin ellas nin ningunha das persoas que compoñan a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentanse de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

TIPO DE AXUDA

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de 3 anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
– cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
– cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
– cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación das solicitudes será ata o 15 de maio de2017.

Para máis información poden pasar polos Servizos Sociais do Concello, previa cita.

Last modified: 5 abril, 2017

Comments are closed.