Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

PRESENTADO EN ARZÚA O I CAMPUS DE FÚTBOL E FÚTBOL SALA INSUA-QUINTELA

P1020757

Esta mañá tivo lugar a rolda de prensa de presentación do I Campus de Fútbol e Fútbol Sala Pablo Insúa – Diego Quintela que se vai celebrar en Arzúa entre os días 30 de xuño e ata o 5 de xullo.

No acto de presentación estiveron presentes os presidentes das Escolas Deportivas de Arzúa, Fernando Insua e o do CSD Arzúa, Víctor Gómez. Acompañáronos o adestrador do Santiago Fútsal, Santi Valladares e o xogador do Deportivo da Coruña, Pablo Insua. Entre o numeroso público que asistiu á presentación cómpre destacar a presenza dos coordinadores deportivos dos concellos participantes así como a asistencia da Concelleira de Deportes de Arzúa, Pilar Castro que acudiu acompañada de Aurora Varela, edil responsable da Área de Benestar Social da localidade.

Fernando Insua explicou na presentación a finalidade deste primeiro campus que busca ofrecer unha alternativa de ocio nas datas estivais aos rapaces e rapazas da comarca que máis alá do fútbol poderán compartir unhas xornadas estivais nas que se ofrecerá a práctica doutras disciplinas deportivas ademais do fútbol e fútbol sala.

O lugar elixido foi Arzúa dadas as magníficas instalacións deportivas das que se dispón no municipio, tamén axuda o feito de que dúas grandes figuras do deporte de élite a nivel nacional son nativos desta localidade: Pablo Insua, xogador do Deportivo da Coruña e Diego Quintela, xogador do Santiago Fútsal; ámbolos dous participarán nalgunhas das xornadas que se están organizando.

Na iniciativa participan 10 concellos: Arzúa, Boimorto, Santiso, Touro, O Pino, Frades, Vila de Cruces, Melide, Sobrado e Toques. O campus vai dirixido aos rapaces e rapazas nados entre os anos 1998 e 2005; estableceuse unha cota de participación que deberán aboar no momento da inscrición, o prazo remata o día 24 deste mes de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email