Arzúa o destino verde de Galicia

PLAN MAIOR DE SEGURIDADE

11 abril, 2014

O Plan Maior de Seguridade está dirixido á prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores.

Consiste en que funcionarios do Corpo Nacional da Policía ou Garda Civil da Comandancia da Coruña, impartan ao longo do ano 2014 unha serie de Charlas Informativas para persoas maiores do Municipio de Arzúa.

Ditas charlas versarán sobre problemas de seguridade como:

* Roubos nos domicilios.

* Roubos á saída das entidades bancarias.

* Tiróns e roubos os días de feira.

* Estafas.

* Uso fraudulento das propiedades, fondos e cartillas de aforros.

* Maltrato ás persoas maiores.

Nos últimos dous anos, desde os Servizos Sociais Comunitarios deste concello, detectáronse unha serie de problemáticas que afectan aos nosos maiores, especialmente roubos, estafas e o uso fraudulente de cartillas de aforro. Polo que se valora de carácter urxente que no presente ano se impartan charlas informativas neste concello.

Así que durante este ano 2014 impartiránse diferentes charlas nas distintas parroquias, serán para tódolos públicos e a entrada é gratuita.

Para o mes de maio están programas ás seguintes, todas elas en horario de 6 a 7 da tarde nos locais sociais correspondentes:

Parroquia de OÍNS Mércores 14 de maio

Parroquia de PANTIÑOBRE Mércores 21 de maio.

Parroquia de VILADAVIL Xoves 22 de maio

Parroquia de DOMBODÁN Martes 27 de maio

Casco Urbán. Aula 1 do Centro Multiusos Terra do Queixo Mércores 28 de maio.

Para máis información pódense poñer en contacto cos Servizos Sociais do Concello, ou chamando ao teléfono 981 81 52 97.

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.