Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Viladavil

Extensión: 8 Km2

Poboación:
146

Núcleos máis importantes: Abruñedo, Cabana, Cañota, Casaldeiro, Castrillón, Castro, Faxil, Friosende, Lindeiros, Paínza, Pazo, Peceñe, Riba, Sobrado, Souto, Souto Loural, Trapa, Valiña, Vilanova.

Festas parroquiais: As festas da parroquia son o 15 de agosto, dedicado á Nosa Señora da Asunción. Tamén se celebra o Corpus, Santo Antonio (13 de xuño), San Roque, Santa Cruz e a Virxe das Dores (último domingo de setembro).

Lugares de interese:

Igrexa Parroquial de Santa María de Viladavil. A Igrexa de Santa María de Viladavil, datada no século XVIII, presenta planta basilical cunha capela adosada na fachada norte. Ten un reloxo de sol na fachada suroeste.
Hai un escudo de pedra baixo a espadaña.

A Paínza. O conxunto de turismo rural distribúese en seis vivendas, antigas casas de caseiros, construídas en 1780, e dependentes da casa principal. Na casa principal, hai unha pequena mostra etnográfica a modo de museo.
Dispón tamén de diferentes salas como a de reunión, unha para festas ou a de masaxes. Ademais, destaca o gran hórreo e os xardíns, con especies vexetais centenarias como buxos ou eucaliptos.

Carballeira da Cabana.
Paseo de terra entre carballos, que conduce á aldea abandonada da Cabana.

Carballo de San Antonio da Paínza. Carballo (Quercus robur) cuns douscentos anos. Atópase no contorno da igrexa parroquial de Viladavil, no lugar da Paínza, xusto enfronte da antiga casa reitoral. Este exemplar está recollido no libro «Árbores de Galiza», de Adela Leiro Lois e outros autores, publicado por A Nosa Terra en 2006.