Arzúa o destino verde de Galicia

Pantiñobre (San Estevo)

Extensión: 6 Km2

Poboación: 193

Núcleos máis importantes: Corredoiras, Curuxeiras, Devesa, Fondevila, Igrexa, Pantiñobre, Pedride, Pousada, Pumar, Rial, A Riva, Sixto, Transfontao, Vilar.

Festas parroquiais: As festas da parroquia son o 26 e 27 de decembro, o primeiro en honor a San Estevo, e o segundo á Virxe do Carme. Tamén se celebra o Corpus, o Sagrado Corazón de Xesús, San Antonio e as Fillas de María (o último domingo de maio).

Lugares de interese:

Igrexa Parroquial de San Estevo de Pantiñobre. A Igrexa de Santo Estevo de Pantiñobre ten planta basilical, e unha capela adosada na fachada norte. Data de finais do século XVIII.

Capela de San Bieito ou Santa Marta. A capela, de planta basilical, data do ano 1740. A capela é o único que queda do antigo pazo de A Riba. Atópase nunha carballeira cunha cruz de madeira no seu centro. A lenda conta que a capela, inicialmente dedicada a San Bieito, pasou a venerar a Santa Marta no ano 1928. Neste ano trasládase a escultura desta Santa á capela, desde unha fonte milagrosa do lugar. Dicíase que a figura voltou ao seu punto de orixe, polo que se fixo unha imaxe de madeira como advocación.
Os fieis buscan en Santa Marta a curación dos problemas de oído.

Capela de San Xoán de Navas. Capela de planta basilical, d A tradición conta que a capela foi erixida en 1804, pola promesa dunha pastora de Navas (Bustelo), que perdera as súas ovellas, e prometeu facer unha capela dedicada a San Xoán Bautista, alí onde as atopase. Hai máis versións da historia da pastora, que di que construiría a capela, se non lles pasase nada ás ovellas no medio da tormenta.
Os devotos pídenlle por boas colleitas e protección do gando ante unha tormenta.o século XVIII, situada nunha carballeira, xunto a unha fonte de augas «milagreiras».

Comments are closed.