Arzúa o destino verde de Galicia

Oíns (San Cosme)

Extensión: 13’2 Km2

Poboación: 231

Núcleos máis importantes: Beis, Ferradal, Filgueira, Fraga, Fruzo, Igrexa, León de Abaixo, León de Arriba, Manedo, Pumar, Seixas, Vilamoura.

Festas parroquiais:
As festas da parroquia son os días 24, 25 e 26 de setembro, dedicadas a San Cosme. Tamén se celebra o Corpus e a Virxe das Dores.

Lugares de interese:

Igrexa parroquial de San Cosme de Oíns. O actual templo de San Cosme de Oíns data do século XIX. Ten planta lonxitudinal, con capelas laterais adosadas, que lle confiren o aspecto dunha planta de cruz latina. A igrexa xurdiu no século XVII como capela, e reformouse en 1891. Consérvase un crucifixo do escultor López Ferreiro.
A cómoda policromada da sacristía, segundo o párroco, pode datar do século XVI ou XVII.

Casa “dos de Cañal”. O conxunto dos de Cañal está formado pola casa, tres alpendres tradicionais, un cuberto, un hórreo de tres claros e un pombal de planta circular.

Fontes e lavadoiros: Ferradal, León de Arriba, Manedo de Abaixo…

Comments are closed.