Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Maroxo (Santa María)

Extensión: 4’4 Km2

Poboación: 90

Núcleos máis importantes: Cal, Cimadevila, Escalleiro, Fondevila, Maroxo de Abaixo, Maroxo de Arriba, Penedo, San Miguel, Vilar, Xunqueiras.

Festas parroquiais: As festas da parroquia son o 15 e 16 de agosto. Tamén se celebra o día de Santa Cruz, o 14 de setembro, o Sagrado Corazón de Xesús e o Corpus.

Lugares de interese:

Igrexa Parroquial de Santa María de Maroxo. A Igrexa Parroquial de Santa María de Maroxo, de planta basilical, data do século XIX. Consta dunha única nave, con coro e teitume de madeira, e chan formado por lousas de pedra.

Cruceiro de Maroxo. O cruceiro, de pedra, álzase sobre dous chanzos e unha basa cadrangulares. É centenario, e ubícase nun cruce de camiños, a poucos metros da igrexa.