Arzúa o destino verde de Galicia

Lema

Extensión: 8’8 Km2

Poboación: 192

Núcleos máis importantes: Barros, Carballos Altos, A Crus, Lema de Abaixo, Lema de Arriba, Magulán, Pastoriza a Nova, Pastoriza a Vella, Ponte Lema.

Festas parroquiais: As festas da parroquia son o 29 e 30 de xuño, o primeiro dedicado a San Pedro e o segundo a Santo Antonio. Tamén se celebran o día de San Roque, o 16 de agosto, e o día do Rosario o primeiro domingo de outubro.

Lugares de interese:

Capela da Fonte Santa. A capela de Fonte Santa, dedicada á Virxe do Rosario, data do século XVIII. Destaca o contorno da capela ao lado do río Carracedo -afluente do Iso- coa carballeira, a fonte -á que se lle atribúen propiedades curativas- ou a cruz de madeira, situada na zona máis alta do monte.
A fonte consiste nun oco formado entre dúas rochas, que dá augas medicinais (ferruxinosas e sulfurosas), ás que se lle atribúen propiedades curativas, sendo boas para curar queimaduras, abrir o apetito ou simplemente quitar as penas. Ten asociadas algunhas lendas, entre elas a de que deixou de manar cando intentaron roubar na capela ou no momento en que alguén quixo facer negocio con ela.

Segundo a información facilitada polos veciños, había varias fontes no contorno de Fonte Santa, da que só queda unha por mor das crecidas do río.

Fonte-Lavadoiro de Pastoriza A Vella.
Fonte de pedra con lavadoiro e bebedoiro, asociados. O conxunto consta da fonte cuxa auga chega o lavadoiro, deste accede a unha pequena presa, e desta última remata no bebedoiro.
A fonte de cano está formada por un muro de pedra que remata cunha figura humana.

Comments are closed.