Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Figueiroa

Extensión: 3’6 Km2

Poboación: 66

Núcleos máis importantes: Carrizal, Curro, Fonte Prata, Outeiro de Abaixo, Outeiro de Arriba, San Paio, Vilar.

Festas parroquiais:
As festas patronais son o 26 e 27 de xuño, dedicado San Paio. Tamén se celebra a festa da Virxe do Carme, o 1 de agosto.

Lugares de interese:

Igrexa Parroquial de San Paio. A igrexa, de planta lonxitudinal, foi construída en 1783, substituíndo á antiga igrexa románica do século XII que había no mesmo lugar. O retábulo maior é de barroco; e o retábulos de San Alberto e da Virxe do Carme son do século XVIII, de estilo barroco compostelano.
A igrexa ubícase no contorno do monte do Castro, onde hai un castro sen escavar. Unha lenda conta que este é o monte das tres vigas: A Viga de ouro, a Viga de prata e a Viga de bronce.
Ten un reloxo de sol na fachada suroeste.

Capela de San Paio de Figueiroa. A Capela de San Paio de Figueiroa, datada no século XVII, ten planta basilical. Propiedade do Pazo de Figueiroa; está ubicada fóra do recinto amurallado, no medio da aldea do Curro.

Casa Grande de Figueiroa. O pazo do Curro, cuxas orixes se remontan ao século XVII, ten planta en forma de L, dous andares e faiado. Está construído en cantaría. Na fachada principal ten o escudo de armas da familia Sánchez Varela. Na fachada lateral hai unhas escaleiras señoriais de labra barroca con balaústres de pedra, que dan acceso á planta alta.
No seu interior hai que resaltar as escaleiras de acceso ao segundo piso, xunto coa lareira do salón principal apoiada sobre columnas de pedra. A construción pacega atópase no interior dun recinto amurallado do que forman parte a casa dos caseiros, o pombal, un lavadoiro de pedra centenario e o hórreo. O conxunto complétase coa capela, que se atopa fóra do recinto murado.