Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Dodro (Santa María)

Extensión: 7’6 Km2

Poboación: 63

Núcleos máis importantes: Carba llido, Casal, Casanova, Currás, Fonte Outeiro, Igrexa, Oís, Pazo, Ramil, Reboredo, Vila de Suso, Xixirín.

Festas parroquiais:
15 agosto, Nosa Señora da Asunción. Tamén se celebra o Corpus, e algunhas veces, Santo Antonio e o Socorro. A Festa do Roscón de Pascua celébrase o sábado de Pascua.

Lugares de interese:

A Igrexa de Santa María de Dodro, de planta lonxitudinal, data do século XVIII. Ten unha única nave, con coro e teitume de madeira. Hai unha pequena cruz de pedra, probablemente dun vía crucis, sobre o muro que pecha o recinto, fronte á igrexa.

Hórreo da casa “dos de Cañal”. Hórreo mixto tipo mahía, con estrutura de pedra e madeira. Mide 8,50 metros de longo.