Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Burres (San Vicente)

Extensión: 12’8 Km2

Poboación: 412

Núcleos máis importantes: Buratas, Calzada, Castro, Cortobe Cruceiro, Curiscada, Fondevila, Fontelas, Igrexa, Pazos, Penedos, Peroxa, Preguntoño, Quintas, Raído, Rourís, Salmonte, Sebio, Uceira.

Festas parroquiais: San Vicenzo de Burres 23 de xaneiro, 26 de xuño San Paio.

Lugares de interese:

Capela de San Paio en Preguntoño. Construída no século XVIII. A portada ten un pequeno pórtico apoiado sobre dúas columnas de pedra. O recinto está pechado por un muro de pedra, onde hai unha carballeira.

Pombal e palleira da casa da Curiscada. O pombal destaca pola súa planta octogonal.

Aldea de Salmonte. Destaca polo conxunto de casas tradicionais que conserva. Ademais das vivendas, o conxunto popular complétase con varias construcións adxetivas como alpendres e hórreos, unha antiga forxa (Forxa de Dono) e varias fontes e lavadoiros (a Pía do Dono, a fonte e lavadoiro de Salmonte e o lavadoiro de Salmonte de Arriba).