Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Brandeso (San Lourenzo)

Extensión: 4’4 km2

Poboación: 121

Núcleos máis importantes: Bustelo, Campos, Casal de Abaixo, Casal de Arriba, Cimadevila, Cubelo, Garmalla, Igrexa, Monteiros, Piñeiro.

Festas parroquiais: As festas da parroquia son o 10 e 11 de agosto, o primeiro día dedicado a San Lourenzo e no segundo celébrase o Corpus. Desde o 2004 celébrase tamén a festa do Socorro en maio.

Lugares de interese:

Igrexa do século XVIII. No interior atópase o retablo da Virxe do Socorro, da Escola de Ferreiro.

Pazo de Brandeso. De propiedade privada. O edificio é dos séculos XVII, XVIII e XIX. Valle-Inclán adopta o Pazo de Brandeso como escenario onde transcorren os amores do marqués de Bradomín coa pobre Concha, na súa Sonata de Outono.