Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa

Extensión: 4’4 Km2

Poboación: 2.720

Festas parroquiais: Corpus Christi, Virxe do Carme.

Lugares de interese:

Casa Consistorial e Casa da Cultura. Construídas no ano 1868, con pedras traídas do Mosteiro de Sobrado dos Monxes. A Casa da Cultura serviu de cárcere ata o 1970..

Igrexa parroquial de Santiago de Arzúa. Situada na praza principal da vila, foi edificada no lugar que ocupou anteriormente unha igrexa de dimensións inferiores. A torre pertence á antiga igrexa, xa que foi trasladada peza a peza á nova. O retablo do Carme é de finais do século XVIII, de estilo rococó. Sen embargo, o retablo do Rosario é o máis valioso da Igrexa . Foi construído no 1779, tamén é de estilo rococó.

Capela da Madalena. A capela foi a igrexa dun antigo mosteiro de frades agostiños, fundado no século XIV. A finais do XVII a comunidade foise para Santiago de Compostela, quedando abandonado o mosteiro de Arzúa, do que actualmente non se conserva nada. A capela, sen embargo, continuou aberta ao culto baixo a xurisdición do mosteiro de Compostela, deixando de depender deste coa desamortización de Mendizábal. En 1984, comezáronse as obras para a rehabilitación e cesión do templo, da diócese ao concello de Arzúa, por tempo indefinido. A xestión foi levada a cabo por un patronato formado por Pilar García Montero, Ramón Torreiro González e Luis Vidal Abad. Foron axudados por Antonio Fraguas Fraguas, Salvador Ares Espada, Manuel Díaz Díaz e Bernardino Villaverde Villaverde.
Foi reinaugurada, como sala cultural, o día 21 de xuño de 2006, coa exposición itinerante de Maruja Mallo. A transgresión feita muller.

Monumento ás queixeiras. O monumento data do ano 1984, e é obra do escultor compostelán Fernando García Blanco. Está realizado en pedra granítica sobre base rectangular de lousas de pizarra, e representa a unha queixeira sentada sobre unha caixa de cervexas, cunha cesta aos seus pés, onde ten os queixos para vender.