Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

A Mella (San Pedro)

Extensión: 4’4 Km2

Poboación:
116

Núcleos máis importantes:
Casanova, Gosteres, Igrexa, Pazos, Pedral, Portela, Requeixo, Torneiros.

Festas parroquiais: As festas da parroquia son o 29 e 30 de xuño, celebrándose o Corpus no segundo día. Tamén se celebra, o domingo seguinte ao 20 de xaneiro, a festividade de San Sebastián.

Lugares de interese:

Igrexa parroquial de San Pedro da Mella. A primitiva Igrexa de San Pedro de Mella databa do século XIII, pero sufriu varias modificacións nos séculos XVIII e XIX. Sen embargo, conserva varios restos románicos como algúns canzorros nos muros norte e sur -o último deste lado está figurado-; un Agnus Dei de pedra, sobre a ousia; unha porta con dintel sobre mochetas; ou o arco triunfal do interior.

Muíño da Mella ou de Requeixo.
O muíño da Mella, tamén coñecido co nome do de Requeixo, é un centenario muíño de cubo, aínda en uso, situado á beira do Río Iso. No interior hai tres moas, unha para millo, outra para centeo e outra para trigo. Atópase en bo estado de conservación, sendo un dos poucos muíños aínda en funcionamento no concello de Arzúa.