Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Os veciños de Arzúa dispoñen de impresos nos establecementos públicos para deixar a súa sinatura contra a supresión do Xulgado

Os grupos políticos da Corporación Municipal de Arzúa acordaron na sesión plenaria celebrada a finais do mes de abril unha moción conxunta na que manifestaron a súa intención de loitar contra a intención do Goberno Estatal de suprimir o Partido Xudicial de Arzúa; os grupos políticos decidiron tamén recabar sinaturas entre os veciños do concello en defensa do mantemento do noso Partido Xudicial.

Deste xeito, dende hoxe mesmo todos os veciños e veciñas que así o desexen poderán asinar os impresos que para tal fin se deixarán en varios establecementos públicos: bares, comercios e na propia casa do Concello.

A colaboración dos veciños é moi importante porque as sinaturas servirán para loitar por unha xustiza próxima e accesible e para que non se encareza a prestación dun servizo que entendemos básico.

Así mesmo, os veciños reclamarán do Goberno do Estado a retirada do anteproxecto de lei que contempla a creación dun único Tribunal de Instancia de ámbito provincial e dirán NON a calquera medida que implique a supresión do Partido Xudicial de Arzúa.

Dende o Concello de Arzúa agardan, ademais, que os restantes concellos afectados por esta medida leven adiante acción similares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email