Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Os nenos e nenas de Arzúa están cos nosos gandeiros

Os alumnos e alumnas de Primaria dos dous centros escolares da vila, CEIP de Arzúa e Nosa Señora do Rosario de Atocha, quixeron sumarse ás múltiples mostras de apoio e solidariedade que nestes días están recibindo os gandeiros do noso país con motivo da grave crise leiteira que atravesa o sector.
Os nenos e nenas dos centros educativos confeccionaron uns debuxos que baixo o lema “Os nenos e nenas de Arzúa estamos cos nosos gandeiros” tratan de dar ánimo aos gandeiros e gandeiras do municipio que durante os últimos días se manifestaron en diversos puntos do noso país na loita por alcanzar un prezo xusto para o leite.
Moitos dos nenos e nenas, autores das ilustracións, son coñecedores en primeira persoa do grave problema que afecta aos gandeiros da nosa comarca, pois son fillos e netos de persoas directamente danadas por esta situación. Arzúa é un concello eminentemente rural onde a gandeiría e agricultura son dúas das nosas maiores fontes de riqueza.
A finalidade deste traballo, feito coa maior das ilusións polos nosos nenos e nenas, non é outra que animar a todos eses nosos veciños e veciñas de Arzúa que durante moitos días se concentraron en diversas zonas da xeografía galega co propósito de acadar un acordo que lles permita vivir dignamente na nosa terra.
Os nenos e nenas de Arzúa queren dicirlles aos gandeiros que están da súa parte e que os apoian nesta ballata de loita a favor da dignidade; mentras eles, os máis novos, aprenden a traballar valores tan importantes como a solidariedade.
Os traballos dos nenos e nenas de Arzúa serán expostos na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro a finais deste mes de setembro para que calquera veciño ou veciña de Arzúa os poida contemplar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email