Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Os homes protagonizan a campaña do 25N en Arzúa

Hoxe é 25 de Novembro, unha data clave no noso país para dar visibilidade á loita contra a violencia machista.

Dende a área de Igualdade do Concello de Arzúa iniciouse unha campaña protagonizada por catro alumnos dos centros escolares do municipio, dous do IES de Arzúa e outros dous nenos do CEIP e do Colexio Nosa Señora do Rosario, que prestaron a súa imaxe para que a partir de hoxe mesmo as rúas e comercios da vila se sumen ao hastag #nóstamén

Trátase dunha iniciativa simbólica de rechazo absoluto ao patriarcado en todas as súas manifestacións, sendo a violencia cara as mulleres o seu maior exponente.

Ao longo do tempo foise construíndo unhaq idea da masculinidade baseada na imaxe dun home que todo o pode, un home forte, protector e proveedor. Esta visión da masculinidade non se axusta á realidade, conduce a identidades insás e frea o desenvolvemento da igualdade.

Frases curtas, mensaxes directas e un convite á reflexión é o obxectivo desta campaña de visibilidade na que, amablemente se comprometeron a participar os centros educativos do municipio, nunha loita conxunta contra a violencia machista en todos os ámbitos. Os homes protagonizan a campaña do 25N en Arzúa Os homes protagonizan a campaña do 25N en Arzúa Os homes protagonizan a campaña do 25N en Arzúa Os homes protagonizan a campaña do 25N en Arzúa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email