Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Oferta formativa da Aula CeMIT (setembro-decembro 2018)

Oferta formativa da Aula CeMIT (setembro-decembro 2018)

A aula CeMIT do Concello de Arzúa presenta a oferta formativa da aula para os vindeiros meses.

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para catro novos cursos de
novas tecnoloxías de diversas temáticas : Dous enfocados ao uso de teléfonos intelixentes:
“smartphones”, do 10 ao 13 de setembro de 16:00 a 17:30, e “google apps”, do 3 ao 10 de decembro
de 19:00 a 20:30 . Un curso de primeiros pasos informáticos do 10 ao 27 de setembro de 19:00 a
20:30 e un curso de retoque fotográfico do 15 de outubro ao 6 de novembro de 19:00 a 20:30.
En colaboración coa Escola Galega de Consumo emitiranse dúas charlas : O 17 de setembro
ás 12:00 “Comercio electrónico e métodos seguros de pago”, nesta charla explicaranse os pasos a
seguir para facer compras en internet dun xeito seguro e, especificamente, os aspectos máis
importantes para evitar fraudes, e o 8 de novembro “Claúsulas chan e gastos de formalización de
hipotecas”.
A oferta formativa da aula CeMIT para este ano complétase coa oferta de cursos de
iniciación ás novas tecnoloxías para rapaces e rapazas de primaria, inscritos en seis grupos, e a
realización de exames para a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).
Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula
CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 20:30 e venres
de 10:00 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email