Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Oferta formativa da aula CeMIT (febreiro-xuño 2018)

A aula CeMIT do Concello de Arzúa presenta a oferta formativa da aula para o primeiro semestre do ano

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para catro novos cursos de
novas tecnoloxías de diversas temáticas : Catro obradoiros para aprender a usar o smartphone , un
curso de iniciación á informática e a internet enfocados a asistentes sen coñecementos previos ou
moi básicos, un curso de mecanografía e un curso de procesador de textos co programa
LibreOfiice Writer .
En colaboración con Canal Senior e a federación galega de universitari@s
seniors(FEGAUS) emitiranse seis charlas de teléfonos intelixentes no mes de marzo, todas elas ás
10:30 da mañá: “Merca e paga con seguridade en internet. Principais portais de compra online”
“Planifica as túas viaxes aos teus lugares soñados. Atopa as mellores opcións de lecer ”, “Aprende a
utilizar os recursos de Google Maps para as túas viaxes. Descobre o mundo a través de Google
Earth”, “Que é a Administración Electrónica e principais trámites online que che facilitarán a vida”,
“O novo DNI electrónico. A importancia da firma dixital na actualidade” e “Seguridade e
privacidade na internet. Protéxete dos perigos da Rede” .
En colaboración coa Escola Galega de Consumo emitiranse catro charlas : O 5 de marzo ás
11:00 “Talleres de reparación de vehículos, dereitos das persoas usuarias”, esta charla serviranos
para saber os nosos dereitos e deberes así coma unha serie de recomendacións a ter en conta. O 9 de
abril ás 11:00 “Aluguer e vivenda”, A través desta charla daremos a coñecer toda a información que
precisamos para o aluguer dunha vivenda, facendo fincapé nos dereitos que nos amparan e como
poder resolver algún conflito que se nos presente . O 7 de maio ás 11:00 “A factura do gas” Con
esta charla, preténdese facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura do
gas, para adoitar medidas de aforro no seu gasto e para realizar unha reclamación nos distintos
supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías
de gas. E por último, o 4 de xuño ás 11:00 da mañá emitirase “A contratación de viaxes”.
A oferta formativa da aula CeMIT para este ano complétase coa oferta de cursos de
iniciación ás novas tecnoloxías para rapaces e rapazas de primaria, en total 47 nenas e nenos
inscritos en seis grupos,e a realización de exames para a certificación galega de competencias
dixitais en ofimática (CODIX) .
Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula
CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:30 a 20:30 e venres
de 10:00 a 13:30 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email