Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Obradoiros de verán na aula CeMIT

A aula CeMIT do Concello de Arzúa, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, abre o prazo de inscrición para un obradoiro de pilotaxe de drons para rapaces e rapazas que terá lugar o día 7 de setembro. Haberá dúas sesións, a primeira de 10 a 12 horas para rapaces e rapazas nadas entre o 2007 e o 2009, e a segunda de 12 a 14 horas para rapaces e rapazas nadas entre o 2004 e o 2006.
O Concello de Arzúa, en colaboración co CPEIG (Colexio Oficial de Enxeñaría de Galicia) e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), abre o prazo de inscrición para o obradoiro xuvenil “Converte o mundo dos videoxogos e a animación 3D
no teu futuro profesional!” que terá lugar o día 2 de setembro de 10 a 14 horas.
Adentrarémonos no mundo da animación, dos efectos visuais, os videoxogos e a realidade virtual explicando cales son os perfís profesionais que se demandan en cada un destes sectores e a formación e estudos que se deben ter para poder traballar en empresas deste sector. O número de prazas ofertadas para esta actividade é de 25 e a idade mínima requirida para participar son os 14 anos.
Tamén se abre a inscrición para dous obradoiros de programación: O 3 de setembro de 10 a 14 horas para rapaces e rapazas nadas entre o 2007 e o 2009, e o 4 de setembro de 10 a 14 horas para rapaces e rapazas nadas entre o 2010 e o 2012. Para ambos os cursos se ofertan 10 prazas.
Para inscricións e información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT (Rúa de Lugo s/n) en horario de luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30 e o venres de 10:00 a 14:00, ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email