Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Obradoiros de Informática en Arzúa

Catro obradoiros dinamizarán a actividade do Telecentro de Comunicación de Arzúa neste mes de xuño.

Os veciños e veciñas de Arzúa disporán da posibilidade de participar nalgún dos catro obradoiros de informática que o Telecentro de Comunicación ten previsto realizar dende o día 7 de xuño e ata que finalice o mes de San Xoán.

A primeira das actividades está programada para dar comezo o 7 de xuño e finalizará o vindeiro día 16. Trátase dunha actividade dirixida a todos os públicos baixo o título de «Fai a túa presentación co impress». Impartirase os martes, mércores e xoves en horario de 11 ás 12,30 horas no local.

Familiarizar aos veciños e veciñas de Arzúa coa informática e a internet será o obxectivo do segundo dos obradoiros previstos polo persoal do telecentro de comunicación. Neste caso, o obradoiro dará comezo o día 13 e finalizará o 30 de xuño. Impartirase os luns, martes e xoves en horario de tarde, entre as 16 e as 17,30 horas.
Ensinarnos a protexer o noso ordenador contra os virus ou velar pola nosa seguridade á hora de mergullarnos no mundo virtual será a principal prioridade da terceira das actividades que se levará a cabo o mércores, día 15 e o venres, 17 de xuño, en horario das 16 ás 17,30 horas.

Para finalizar terá lugar o último dos obradoiros que se impartirá entre os días 21 e 30 de xuño. Neste caso a actividade vai dirixida a ensinar aos asistentes a crear o seu propio blog. Terá lugar os martes, mércores e xoves entre as 11 e as 12,30 horas.

As persoas que estean interesadas en asistir a alguna destas actividades pode inscribirse nas propias instalacións do Telecentro de Comunicación, situado na Rúa de Lugo, no Centro Sociocultural María Mariño. Tamén existe a posibilidade de realizar a inscrición por teléfono, no número 981500447.

Dende o telecentro de comunicación informan ademais que existe un horario de aula aberta no que calquera persoa pode facer uso libremente dos ordenadores; este horario é de luns a xoves polas mañás entre as 12,30 ás 14 horas e polas tardes entre as 18 e as 21 horas. Os venres o horario é só de tarde, entre as 17,30 e as 20 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email