Arzúa o destino verde de Galicia

OBRADOIROS CIM

2 septiembre, 2019

Desde o CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES de Arzúa programáronse para o mes de SETEMBRO estes cursos e charlas para todas aquelas persoas que estean interesadas:

– OBRADOIROS DE AUTOESTIMA E EMPODERAMENTO (xoves, 12 e 19 de setembro, de 16:30 h a 19:30 h)

Se te ves nun pozo, ou se estás a pasar unha mala racha, é moi importante que coñezas toda a parte boa que tes como muller….

– OBRADOIROS DE ACHEGAMENTO DE DEREITOS FAMILIARES (luns, 16 de setembro, de 18:00 h a 19:30 h, e xoves 26 de setembro, de 18:00 h a 20:00 h)

Se tes dúbidas de cousas que parecen sinxelas pero non o son na túa vida familiar, é o momento de que desaparezan….

Cal é a diferencia entre matrimonio e parella de feito? Que dereitos son iguais? Que cousas son gastos extraordinarios? Cal cousas pertencen á custodia e cales á patria potestade? Se teño fill@s menores de idade, debo facer testamento? Nomear titores?

– OBRADOIROS DE UTILIZACIÓN DE CERTIFICADO ELECTRÓNICOS, CHAVE 365, DNI ELECTRÓNICO (martes, 24 de setembro, de 17:30 h a 19:00 h)

Se queres desde a túa casa, ou desde o telecentro resolver problemas e asuntos en organismos que non están en Arzúa, que cousas debo saber?

– OBRADOIRO FISCAL (luns, 23 de setembro, de 10:30 h a 12:00 h)

A veces temos dúbidas de que cousas podemos deducirnos na declaración da renda, podemos facer algo para pagar menos? E se son autónoma como agricultora, que podo facer?

ANÓTATE NO CIM, ANTES DO 10 DE SETEMBRO, ou envía un correo electrónico co teu nome completo e número de teléfono a cim@concellodearzua.com, ou no teléfono 981500000. Ext. 121 (de 10:00 a 13:00) sinalando en que curso queres anotarte.

Last modified: 2 septiembre, 2019

Comments are closed.