Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Obradoiro de Skype e Twitter na Aula CeMIT de Arzúa

Cartaz-Comunicacion-Internet-Skype-Twitter-Xullo'14

 

 

Na segunda semana do mes de xullo vanse realizar dous cursos gratuítos desde o día 7 de xuño e ata o 11 de xullo:

  • COMUNÍCATE POR INTERNET: SKYPE. Este curso terá lugar do luns 7 ao venres 11 de xullo en horario de tarde das 16:30 ás 18:00 horas. Durante o obradoiro os asistentes verán dúas ferramentas que nos permiten a comunicación vía telefónica e videoconferencia en tempo real de xeito gratuíto: Skype e Google Hangouts.
  • TWITTER. Esta actividade celebrarase todos os días de luns a venres desde o 7 e ata o 11 de xullo en horario de tarde das 20:00 ás 21:30 horas. Os contidos que se verán durante este obradoiro é o funcionamento e xestión da rede social Twitter e as súas especiais características. Os alumn@s asistentes aprederán a crear o seu perfil (nome, imaxe, localización), procura e seguemento de temas e usuari@s, publicación das primeiras mensaxes e conversación entre usuari@s, uso e utilidades das listas, etc.

Para incribirse pódese seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) en horario de tarde das 16:30 ás 21:30 horas.
  • A través da web: cemit.xunta.es e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.
  • Mediante correo electrónico á dirección cemit.arzua@xunta.es indicando os seus datos persoais.

 

 

Actividades do mes de xullo de 2014 na Aula CeMIT de Arzúa:

Cartaz-CeMIT-Arzua-Programacion-Xullo'14

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email