Arzúa o destino verde de Galicia

Obradoiro de robótica na Aula CeMIT de Arzúa

17 julio, 2018

A aula CeMIT do Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para un obradoiro de programación e robótica para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos .

A actividade enmárcase dentro da actividade “Tech Kids” impulsada polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Axencia pola Modernización Tecnolóxica de Galicia .
O Obradoiro desenvolverase o luns 23 de xullo de 9 a 14 h. na aula CeMIT (Telecentro) para rapaces e rapazas de 12 a 16 anos, onde realizarán actividades enfocadas á iniciación da programación orientada á robótica e á electrónica , como a configuración dun robot para realizar un circuíto proposto previamente ou a programación de videoxogos con makey makey .

Para inscribirse ou máis información poden chamar ao 981 500 447, pasar pola aula CeMIT , Rúa de Lugo s/n, en horario de luns a xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 e o venres de 10:00 a 14:00 ou escribir un correo a cemit.arzua@xunta.gal .

Last modified: 17 julio, 2018

Comments are closed.