Arzúa o destino verde de Galicia

Arzúa reabre o Telecentro de Comunicación

21 marzo, 2013

O Concello de Arzúa volve a contar con actividade no Telecentro de Comunicación despois de que o goberno municipal contratase unha persoa para atender o servizo ata finais de ano. Deste xeito, a coñecida como Aula CeMIT de Arzúa, situada na Avenida de Lugo, ao carón do Xulgado, volveu a abrir as súas portas con novas actividades para o mes de abril.

Os veciños e veciñas de Arzúa que así o desexen poderán inscribirse nas actividades programadas ou ben facer uso do servizo a nivel particular no horario de aula aberta.

As actividades previstas para o vindeiro mes son as que se sinalan a continuación:

  • Iniciación á Informática e Internet. Esta actividade vai dirixida a persoas con moi poucos ou nulos coñecementos de informática. Durante as primeiras sesións do obradoiro os asistentes practicarán co manexo do rato e o teclado para ir avanzando no manexo básico do pc (arquivos e carpetas), características básicas do sistema operativo, procuras por internet e utilización do correo electrónico.
    • Impartirase do 2 ao 26 de abril.
    • Martes, mércores e venres de 10:30 a 12:00 h.
    • Prazas dispoñibles: 10.
  • Iniciación ao Procesador de Textos. Con esta actividade os alumnos/as aprenderán a crear e editar un documento de texto, engadir imaxes, organizar os seus documentos e crear e xestionar táboas.
    • Impartirase do 2 ao 25 de abril.
    • Martes e xoves de 16:00 a 17:30 h.
    • Prazas dispoñibles: 12.
  • Ferramentas Básicas de Internet para Asociacións.O Departamento de Cultura en colaboración coa Aula CeMIT de Arzúa invita a participar dunha actividade que pretende formar ás directivas destas asociacións en materia de novas tecnoloxías que facilitará a comunicación tanto a nivel administrativo coma cos seus propios asociad@s. Os contidos sobre os que se traballará neste obradoiro son a procura de información na rede, a creación e manexo dunha conta de correo electrónico e algún dos trámites administrativos que se poden realizar por Internet.
    • Impartirase do 3 ao 24 de abril.
    • Os mércores de 19:00 a 21:00 h.
    • Prazas dispoñibles: 20.
  • Sácalle partido a Google.Neste obradoiro explicaráse en que consiste o traballo na nube, así como as aplicacións de Google máis empregadas (Gmail, Drive, Calendar, Sites…)
    • Impartirase do 15 ao 24 de abril.
    • Luns e mércores de 16:00 a 17:30 h.
    • Prazas dispoñibles: 15.

Para incribirse en calquera das actividades anteriores as persoas interesadas poden seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMITde Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado)  no seguinte horario:
    • De luns a xoves:
      • Mañás: 10:30 a 14:00 h.
      • Tardes: 18:00 a 20:00 h.
    • Venres: Só mañás de 10:00 – 14:00 h.
  • Por teléfono: 981 500 447.
  • Mediante correo electrónico: olalla.arzua@gmail.com ou empregando o xeral da aula cemit.arzua@xunta.es

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.