Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Oficina Municipal de Información ao Consumidor OMIC

Desde a súa creación no ano 1991 a OMIC de Arzúa ven desenvolvendo actividades formativas e informativas en materia de consumo dirixidas tanto ao conxunto da poboación como a colectivos específicos.

Na Casa da Cultura e na Capela da Madanela, desenvólvense habitualmente as actividades dirixidas á poboación en xeral.

Nos distintos centros educativos do Concello a OMIC desenvolve actividades dirixidas á poboación moza.

Os maiores do Concello tamén contan nos proxectos da OMIC. Así nos últimos anos desenvolvéronse charlas e obradoiros dirixidas a informar dos dereitos que lles corresponden como consumidores en materias como telefonía, gas, publicidade, excursións comerciais, etc.

¿Qué servizos presta a OMIC?

  • INFORMACIÓN ao Consumidor para o axeitado exercicio dos seus dereitos.
  • Divulgación de PUBLICACIÓNS sobre a normativa que incide no eido do Consumo.
  • Recepción de DENUNCIAS que formulen os consumidores e a súa remisión aos organismos competentes.
  • Tramitar ante a Xunta Arbritral de Consumo de Galicia as SOLICITUDES ARBITRAIS que presenten os consumidores e usuarios.
  • Recepción das RECLAMACIÓNS que lle presenten consumidores e usuarios en relación coa adquisición de bens, produtos e servizos. Asemade poderá encargarse da xestión directa das mesmas así como da mediación ante a empresa ou profesional prestador do servizo.
  • Informar aos consumidores sobre o réxime de REXISTRO e a autorizacións de produtos e servizos e informar sobre aqueles que se atopen RETIRADOS ou PROHIBIDOS, polo seu risco ou perigosidade.
  • COLABORAR con organismos e entidades galegas que desenvolven actividades de defensa dos consumidores e usuarios, así o I.G.C., a Unión de Consumidores de Galicia, etc.

Publicacións

De cara a manter correctamente informados aos veciños do Concello dos dereitos que posúen como consumidores e usuarios, desde a OMIC realízanse publicacións sobre os temas máis diversos, telefonía, arbitraxe, comercio electrónico, etc.

Enlaces de interés

Instituto Galego de Consumo

Últimas novas

Charla informativa sobre cláusulas chan en Arzúa

A Unión de Consumidores de Galicia organiza unha xornada informativa sobre cláusulas chan en Arzúa Este mércores, 25 de xaneiro, técnicos da Unión de Consumidores ...
Ver →

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

TODOLOS INTERESADOS EN REALIZAR O CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS, QUE SE CELEBRARA O DIA 13 DE FEBREIRO (LUNS) DE 16 a 19 H. DEBERAN ...
Ver →