Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello organiza a 2ª Feira de Artigos de Segunda Man e Artesanía «Arzúa Vende»

O Concello organiza a 2ª Feira de Artigos de Segunda Man e Artesanía "Arzúa Vende"

O Concello de Arzúa organiza para o sábado vinte e cinco de maio a segunda feira de artigos de segunda man e artesanía; a cita, que leva o nome de “Arzúa Vende”, repite neste ano despois do éxito de participación e de vendas acadado no 2012, data de nacemento do proxeto. O evento continuará co obxectivo de convertirse nun marco de compra e venda para os veciños e veciñas de Arzúa así como tamén para a xente de fóra que poderán dar saída ou mercar artigos de segunda man ou obxetos de artesanía.

A cita mantén a esencia do ano pasado, así mantense  o horario  que será de once da mañá a oito do serán, realizarase no Recinto Feiral Terra do Queixo e ofertará actividades e servizos complementarios como obradoiros, exposicións, actuacións e actividades infantís. Ademais, cabe salientar que, de novo, tanto as inscricións para expositores como a entrada ao público e participación nas actividades serán de balde.

Ao mesmo tempo, “Arzúa Vende” traerá novidades: sorteos de agasallos entre todos os asistentes, un inchable gratuíto para os máis pequenos e tres zonas diferenciadas no espazo feiral: artigos de segunda man e artesanía,  roupa, calzado e complementos.

Para poder reservar un posto e vender é obrigtorio anotarse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando aos teléfonos 981 500 222 e 981 815 297 antes do 15 de maio.

Dende a organización, que recae nos técnicos responsables de Cultura, Mocidade e Educación, quérese animar ao público en xeral no que “se está a covertir nun proxecto no camiño da consolidación nacido coa ilusión e mantido co esforzo para facer de Arzúa Vende unha cita referente a nivel local e comarcal”. Ademais, aproveitan para informar que nas vindeiras semanas darase a coñecer toda a programación da feira.

Descargar FICHA DE INSCRICIÓN – ARZÚA VENDE 2013

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email