Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa reparte entre o calendario do ano 2013

O Concello de Arzúa reparte entre o calendario do ano 2013

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas e de forma totalmente gratuíta o calendario para o ano 2013 . Farase en dúas quendas:

  • Este sábado, 22 de decembro, coincidindo coa Feira de Nadal e do Capón,farase o primeiro reparto dos calendarios pola vila entre as persoas que se acheguen ao recinto feiral, dende as once da mañá e ata a unha do mediodía.
  • Os vindeiros días 26 e 27 de decembro terá lugar unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e polas parroquias.

Os veciños que residan na vila de Arzúa poderán conseguir un exemplar do calendario naqueles lugares que cada mes colaboran co Concello colocando os carteis da programación cultural: Casa do Concello, Oficina de Cultura, Biblioteca, Telecentro, Casa da Cultura, Centro Médico, Piscina Climatizada, Bar Pedrito, Pizzería O Rueiro, Bar Praza, Bar Nebraska, Parrillada Europa, Bar “Filloas”, Bar Ameixa, O Retiro, Hotel Suiza e O Gloman.

Os veciños do rural poderán recoller  os calendarios nos bares e tabernas das súas parroquias, naqueles lugares onde non os haxa, deixaranse algúns exemplares nas igrexas parroquiais.

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada. Cada folla permitiranos ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, pasar un momento entretido lendo e desfrutando de recitados, trabalinguas e outros ditos propios da nosa lingua.

O propio alcalde do Concello de Arzúa, José Luís García López, sinalaba esta mañá que o calendario é “un instrumento moi solicitado polos nosos veciños dada a súa utilidade así que dende o goberno municipal fixemos un esforzo para que este ano o almanaque tampouco falte como agasallo de nadal”. Salienta ademais “o apoio incondicional e o fomento da nosa lingua a través destas inciativas, integrándoa dun xeito ameno no noso día a día”. O alcalde aproveita a ocasión para desexarlle a todos e a todas os veciños e veciñas de Arzúa un Feliz Nadal e un ano novo próspero en saúde, paz e traballo, no seu nome e no de toda a corporación municipal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email