Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Arzúa celebrará a súa tradicional Feira de Capóns de Nadal o 22 de decembro

O goberno municipal dálle un pulo á feira cunha programación máis extensa e con importantes premios para os mellores exemplares presentes no recinto.

De seguido podes coñecer a programación prevista para a xornada do 22 de decembro así como as bases que regulan a participación no certame.

 

PROGRAMACIÓN

Recinto Feiral “Terra do Queixo”, Arzúa

Domingo 22 de decembro de 2013

A partires das 7.30h: Entrada de produtores

10:00h: Pasacalles co Grupo de Gaitas CASTRO CURBÍN

11:30h: Entrega de premios

12:00h: Peche coa actuación do grupo de gaitas

MODALIDADES

Galos vivos

Capóns cebados

Galos piñeiros

 

PREMIOS

Para as mellores parellas de cada modalidade

1º – 200 euros

2º – 125 euros

3º –   75 euros

 

BASES REGULADORAS DO CERTAME

 

Co gallo da celebración da Feira de Capóns de Nadal o Concello de Arzúa organiza un certame de exemplares de galos vivos, capóns cebados e galos piñeiros o domingo 22 de decembro, pola mañá, no Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis esta tradicional celebración de acordo coas seguintes bases:

 

PRIMEIRA: O obxecto do certame é celebrar esta feira tradicional e popular, fomentar a participación dos veciños e veciñas e promocionar e apoiar este produto de calidade.

 

SEGUNDA: Para participar no concurso é obrigatorio inscribirse previamente no Concello de Arzúa ou durante a celebración da feira o día 22 de decembro antes das 11:00 horas.

 

MODALIDADES: Galos vivos, Capóns cebados e Galos piñeiros.

 

TERCEIRA: Os premios establecidos polo Concello de Arzúa serán repartidos entre as melloras parellas de cada modalidade -galos vivos, capóns cebados e galos piñeiros- que recibirán un primeiro premio de 200 euros, os segundos clasificados levarán 125 euros e os terceiros 75 euros.

 

CUARTA: A cualificación nas distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso que será nomeado polo Concello de Arzúa.

 

QUINTA: Durante o desenvolvemento do certame, o xurado valorará a beleza e hixiene dos exemplares expostos así como a súa presentación.

 

SEXTA: A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do concurso, unha vez feita a avaliación polo Xurado.

 

SÉTIMA: As persoas participantes deberán presentarse no Recinto Feiral “Terra do Queixo” entre as 7:30 e as 11:00 horas.

 

OITAVA: A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

 

Os presentes premios serán outorgados con cargo á partida orzamentaria 439.480.02 do vixente orzamento, ata o límite de 1.200 euros.

 

En Arzúa, 9 de decembro de 2013

 

José Luís García López

Alcalde do Concello de Arzúa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email