Arzúa o destino verde de Galicia

O Concello de Arzúa organiza o programa de actuacións ‘Música no Camiño’

16 agosto, 2013

O Concello de Arzúa organiza do 15 de agosto ao 15 de setembro o programa de actuacións ‘Música no Camiño’ coa colaboración do Xacobeo co que se pretende incentivar e promover a distribución do produto musical galego nos concellos por onde discorre o Camiño Francés e que conten con albergues públicos de máis de cen prazas.

A proposta musical desenvolverase durante un mes cunha vintena de actuacións todos os xoves, venres, sábados e domingos ata o 15 de setembro. Mañá, sábado, arrinca esta iniciativa co recital da guitarrista Silvia Penide na Capela da Madanela. O domingo será a quenda para o grupo de música tradicional Fol da Chousa na praza. Para a semana que vén soará o hip hop do grupo La hostia en verso e os sons tradicionais de Castro Curbín, As Sobreiras do Ulla e O Bringuelo na praza da vila.

Todos os concertos serán ás oito e media do serán e de entrada libre e gratuíta.

Para o resto das xornadas resérvanse actuacións de artistas e grupos de todos os estilos, como por exemplo, dúo de acordeóns, música africana, jazz, rock ou dúos de música clásica e de cámara.

PROGRAMACIÓN COMPLETA:

Cartel_Música_no_Camiño_Arzúa

Last modified: 24 diciembre, 2018

Comments are closed.