Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa organiza este ano as Festas do Carme

O Concello de Arzúa organiza este ano as Festas do Carme

O Concello de Arzúa informa que, ao non terse formado unha comisión organizadora faltando menos de dous meses para a celebración da festividade do Carme, asume a organización das festas deste ano que se celebrarán os vindeiros días 15 e 16 de xullo.

A Concellería de Cultura preparará un programa de actividades humilde, axeitado aos tempos de crise económica e adaptado ás circustancias polas que dende o Concello se tomou esta decisión.

Deste modo, e coa programación sen pechar, adiántase que na xornada do domingo contarase coa actuación dunha banda de música e cunha verbena pola noite. Xa na xornada do luns 16, día festivo local, haberá distintas actuacións ao longo de todo o día a cargo dunha banda de música e unha charanga entre outras.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira Rey, afirmou que se dará a coñecer a programación final con suficiente antelación e fixo especial fincapé en que «dende o Concello de Arzúa queremos avisar que a decisión de organizar as festas só afectará a este ano polo que queremos implicar a veciños e comerciantes na organización do Carme nos vindeiros anos».

Por último, o alcalde de Arzúa, José Luís García López, puxo de manifesto o compromiso do Concello de «manter a tradición cultural e festiva da celebración do Carme cunha festa modesta pero digna que terá poucos custes».

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email