Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa organiza a «Semana Máxica de Nadal»

O goberno municipal de Arzúa complementará a programación cultural prevista para estas datas de Nadal cunha nova iniciativa do Departamento de Benestar Social, que dirixe Aurora Varela, e que se denomina Semana Máxica de Nadal 2016.

Trátase dunha alternativa lúdica e de ocio dirixida aos nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Terá lugar os días 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario das 10 ás 14 horas no Recinto Feiral Terra do Queixo.

Ao longo deses catro días as familias do municipio disporán dun lugar seguro no que os seus fillos e fillas xogarán e entreteranse baixo o atento cuidado de monitores especializados.

A entrada será libre e non se precisará inscrición previa. Abonda con achegarse nas datas sinaladas ata o recinto, onde o persoal a cargo da iniciativa levará a cabo un rexistro dos nenos que acoden e tomará nota dos teléfonos dos pais ou das persoas que os deixen nas actividades.

O programa previsto centrarase no ocio e divertimento dos nenos e nenas, haberá inchables, obradoiros, ximcansas e xogos musicais.

A concelleira de Benestar Social, Aurora Varela, sinalou o importante esforzo que o goberno municipal de Arzúa fai co obxectivo de reforzar o apoio ás familias do municipio ofrecendo unha variada programación de actividades infantís gratuítas; lembrou ademais que a programación do seu departamento compleméntase coa que xa estaba prevista polo Departamento de Cultura que inclúe ademais, durante os días 29 e 30 de decembro, o parque infantil LudoNadal.

Programación para as persoas maiores

As persoas maiores de Arzúa tamén poderán disfrutar dun programa especial de actividades nestas datas de Nadal. Aurora Varela

sinalaba esta mañá que ao longo destas dúas semanas, a que estamos e a que vén, once parroquias do municipio disporán dunha serie de actividades que se desenvolverán en cada unha delas no horario habitual en que se veu desenvolvendo o resto de programación anual.

A concelleira aproveitou a ocasión para animar a todos os veciños e veciñas de Arzúa a participar na ampla e variada programación navideña que dende o concello e as diversas asociacións se pon en marcha para disfrutar en familia.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email