Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa involucra á mocidade para formar un grupo de colaboradores para eventos culturais do municipio

O Concello de Arzúa, a través do Departamento de Cultura, quere involucrar á mocidade formando un grupo de colaboradores e colaboradoras para eventos culturais do municipio.

O obxectivo desta iniciativa é que a xente moza de Arzúa participice activamente na organización de cantos eventos se programan dende o Departamento de Cultura ao longo do ano: a programación de Nadal, os actos de entroido ou mesmo, de agora en díante, a organización da 38 edición da Festa do Queixo.

Para empezar a formar parte deste novidoso proxecto é imprescindible:

  • Ter entre 16 e 20 anos
  • Estar empadroados no concello de Arzúa
  • Anotarse no Departamento de Cultura ao longo do ano. Dada a proximidade da Festa do Queixo, un dos eventos por excelencia en Arzúa, as persoas interesadas en botar unha man na súa organización deben inscribirse antes do 15 de febreiro.

As inscricións iranse recollendo nunha lista e para as distintas citas culturais chamarase ao número de colaboradores e colaboradoras necesario por rigurosa orde de inscrición. A axuda destes colaboradores non será en balde xa que ademais de agasallos como camisetas ou memorias USB, os participantes sumarán vales de compra para gastar ao longo do ano no comercio de Arzúa. No caso das labores de colaboración para a Festa do Queixo, o traballo consistirá na axuda loxística e na atención do stand e noutros casos en tarefas de decoración e de apoio no resto das actividades.

  • Por cada xornada que se colabore recibirán 30 euros en vales.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, anima a todos os mozos e mozas do municipio “a colaborar nesta iniciativa que poñemos en marcha co obxecto de facer da cultura ún ámbito para a participación e creatividade da xente máis nova”. Poden anotarse no Departamento de Cultura do Concello, no teléfono 981 500 222 e no enderezo electrónico cultura@arzua.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email