Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa inaugura este venres unha exposición coa obra de 19 artistas locais

Cartel EXPO COLECTIVA xuño 2015 - Concello de Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este venres, día 12 de xuño, inaugurarase na Capela da Madanela unha exposición colectiva de artistas locais na que participarán: Andreea Birsanu, Oliva Cea, Jesús Manuel Oubel, Elisardo Oubel, Daniel Camino, Anxo Orois, Rebeca Novo, Mª Carmen Sanmartín, Teresa Camino, Marisa Gil, Jano, Carmela Sánchez, Mª José Plata, Magaga, María Vázquez, Marina Mato, Ainoa Ferreiro, Noa López e Mª Elena Alonso como resultado dunha convocatoria aberta promovida hai tres semanas. Nesta mostra amosaranse traballos de dezanove veciños e veciñas que se adican, de xeito afeccionado ou profesional, a distintas disciplinas artísticas como a pintura, debuxo, fotografía ou realización de traballos artesanais feitos a man. Como artista convidado tamén participará o fotógrafo Jose Veses que achegará a Arzúa varias das súas obras que se dividirán en tres bloques: Interacción, En femenino e Ellas.

Jose Veses caracterízase por traballar coa luz como ferramenta principal de expresión. En 1998 crea o estudo Jan Parranda como plataforma profesional, desenvolvendo traballos fotográficos, deseños de iluminación de espectáculos e espazos, creación de centros de arte e, finalmente, unha escola itinerante cun método persoal, converténdose nun referente como profesor de fotografía, iluminación e dirección de personaxes.

Na inauguración, que terá lugar o venres 12 de xuño ás oito e media da tarde, contarase coa actuación musical en directo da agrupación local Ensemble BMA, conxunto saído da Banda de Música de Arzúa. A mostra poderase visitar ata o día 21 deste mes en horario de sete a nove do serán.

O alcalde, José Luís García, convida a todos os veciños e veciñas a participar neste acto que “se presenta como unha alternativa cultural máis no noso concello que pon en valor a destreza e traballo dos nosos artistas”. O alcalde aproveita a ocasión para agradecerlle a éstes a súa colaboración no proxecto.

Descargar CARTEL PROMOCIONAL

Descargar PROGRAMA DE MAN

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email