Arzúa o destino verde de Galicia

O Concello de Arzúa convoca o Concurso de Carrozas, Comparsas e Disfrace Infantil.

8 enero, 2013

Co gallo do Entroido 2013 o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza un desfile para o domingo 10 de febreiro ás 17:00 horas no Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis o tradicional concurso de carrozas, comparsas e disfrace infantil cun total de dous mil euros en premios para repartir entre as tres modalidades.

O obxecto do concurso é celebrar a festa tradicional e popular do Entroido, fomentar a participación dos veciños e veciñas e recuperar e preservar a nosa cultura.

Para participar no concurso hai que inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981 500 222 antes do día 8 de febreiro ás 15:00 horas. Para os participantes da modalidade de disfrace infantil non é necesaria a súa inscrición previa xa que se fará o mesmo día media hora antes de comezar o desfile (a partires das 16:30 horas). Poden solicitar máis información ou consultar as bases que rexen o concurso no Departamento de Cultura o una web www.concellodearzua.com.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira, anima a participar a todos os veciños e veciñas tanto do noso concello como dos limítrofes, así como ás asociacións locais e comisións de festas “para fomentar o traballo en equipo e desfrutar da diversión que ofrece o Entroido”. Ademias aproveita para anunciar que nos próximos días darase a coñecer a programación completa con catro días de actividades de ocio para todos e todas.

BASES CONCURSO ENTROIDO 2013

Last modified: 23 diciembre, 2018

Comments are closed.