Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa convoca a veciños e empresarios para organizar as festas do Carme

O Concello de Arzúa convoca a veciños e empresarios para organizar as festas do Carme

O Concello de Arzúa intenta buscar o consenso entre veciños, entidades e empresarios locais para organizar as festas do Carme deste ano.

Para isto o salón de sesións da Casa do Concello acollerá o vindeiro mércores día 2 de maio unha reunión aberta a toda a cidadanía na que se convoca, especialmente, aos hostaleiros, colectivos veciñais, asociacións e particulares.

A xuntanza terá lugar ás oito e media da tarde e nela preténdese, segundo palabras do alcalde José Luís García López, “que se poñan en común as ideas que haxa de cara á celebración das festas e crear un grupo que se encargue da organización deste ano”.

Cabe destacar que a este encontro pode acudir calquera persoa polo que a concelleira de cultura, Natalia Pereira Rey, anima a asistir “co fin de manter viva esta festa tan arraigada na cultura, na tradición e nas xentes de Arzúa” e tamén informa que “a comisión que se forme recibirá do Concello toda a axuda que sexa posible como en anos anteriores”.

Do mesmo modo, tanto o alcalde como a responsable de cultura, queren agradecer o esforzo e o traballo das distintas comisións que se encargan cada ano de artellar as distintas festas tanto da vila como das parroquias e insisten en que é vital para a continuidade da festividade do Carme a resposta dos veciños e veciñas a esta convocatoria.

 

REUNIÓN PARA A ORGANIZACIÓN DA FESTA DO CARME

Mércores 2 de maio

20:30 horas

Salón de Sesións da Casa do Concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email