Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa conmemora o Día de Rosalía

Cartel DÍA DE ROSALÍA 2014 - Concello de Arzúa

O Concello de Arzúa organiza un completo programa de actos con motivo da celebración do Día de Rosalía para o vindeiro luns 24 de febreiro, data do nacemento da escritora. Foi a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) quen promoveu unha moción para presentar nos concellos de toda Galicia e instaurar así o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro. A idea pasa, segundo os presidente da AELG, Cesar Sánchez, por organizar actos de celebración en toda a xeografía do país e espallar o nome da autora de Cantares Gallegos. A moción foi aprobada tamén en Arzúa onde en sesión plenaria, se acordou levar a cabo a conmemoración deste día.

Foi así como o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, xunto coa Biblioteca Pública e a Radio Municipal, preparou unha xornada en recordo e memoria da poetisa. Así, o vindeiro luns día 24 levarase a cabo ás 12 do mediodía dende a Biblioteca Municipal o programa de radio en directo ‘Rosalía nas ondas’ e nel contarase coa participación de escritores como Neira Vilas ou Iolanda Castaño. Tamén haberá música en directo a cargo de Mini e Mero e a recitación de poemas da autora. Todo este conxunto de actividades realizaranse nas dependencias da Biblioteca Pública de Arzúa e serán retransmitidas en directo pola emisora pública de Arzúa.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, amosouse moi satisfeito con esta iniciativa que “ procura axudar a difundir a figura e obra de Rosalía de Castro a través dunha proposta cultural de portas abertas á que están convidados todos os veciños e veciñas que así o desexen”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email