Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Centro de Información á Muller do Concello de Arzúa atendeu a máis de 550 persoas no pasado ano 2012

 
O Centro de Información á Muller do Concello de Arzúa atendeu a máis de 550 persoas no pasado ano 2012

 

O éxito e utilidade que o Concello de Arzúa ofrece a todos os veciños e veciñas do municipio a través do Centro de Información á Muller queda avalado polas cifras dadas a coñecer polas persoas responsables de atender este servizo na maña do día de hoxe.

O Centro de Información á Muller de Arzúa foi creado coa finalidade de ofrecer asesoramento xurídico e psicolóxico gratuíto a todos os veciños e veciñas do concello que precisen del; dende o propio departamento organizan ademais unha serie de actividades encamiñadas a dar a coñecer os seus servizos e a impartición de talleres, charlas ou calquera outro tipo de actividade que poida resultar do agrado e proveito dos asistentes; precisamente unha das claves do éxito deste servizo no pasado ano 2012 foi o achegamento da programación aos locais sociais das parroquias onde numerosos veciños da zona rural poideron sacar proveito das actividades propostas.

As cifras dadas a coñecer falan por si soas: 553 persoas fixeron uso durante o ano 2012 dos servizos de asistencia xurídica e psicolóxica que se ofrece dende o departamento nas oficinas que o concello de Arzúa ten para esta finalidade na pranta baixa da Casa Consistorial. Destas persoas que se achegaron para recibir asesoramento, 78 foron homes e 475 mulleres.

O Centro de Información á Muller do Concello de Arzúa está aberto ao público todos os días da semana de luns a venres co seguinte horario: o asesoramento xurídico ofrécese os luns e xoves en horario de tarde,dende as 15,30 h. ás 20 horas; a prestación psicolóxica os martes das 9 ás 13 horas, os mércores das 9 ás 14 horas e os venres dende as 8,30 da mañá ás 13,30 h. do mediodía.

A maiores da gran labor que se desenvolve dende este departamento onde gratuitamente se asesora e axuda a toda persoa que o precise a nivel psicolóxico e/ou xurídico, unha das claves do éxito do CIM tamén é a programación alternativa que ofrece e que no 2012 se ampliou ás 22 parroquias do municipio.

Un total de 490 persoas participaron ao longo do ano 2012 nalgún dos talleres ou obradoiros propostos polas persoas responsables do departamento. A amplia oferta de actividades abarcou dende talleres de relaxación creativa, de introducción ao manexo de internet, elaboración de conservas, manualidades para o Nadal ou mesmo cociña navideña ata charlas sobre a incontinencia urinaria na menopausia, as enfermedades, a nutrición e moitos outros asuntos que resultaron do intereses dos veciños e veciñas de Arzúa.

Coñecedor destas cifras, o alcalde de Arzúa, José Luis García, salientaba a importancia “de seguir facendo o posible por manter este tipo de servizo que resultan, sen dúbida algunha, de gran utilidade para un número moi importante de veciños e veciñas de Arzúa”. O alcalde agarda que dende as demais administracións, Xunta de Galicia e Deputación Provincial, se tomen en consideración estes datos e se procure “non recortar na prestación destes e doutros servizos de carácter social que para moitos dos nosos veciños supoñen o único xeito de poder acceder ao asesoramento xurídico e psicolóxico” .

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email