Arzúa o destino verde de Galicia

Benvida

José Luis García
(alcalde de Arzúa)

O Concello de Arzúa quere pór á túa disposición un sitio web útil e práctico que sirva para achegarte á Administración, e viceversa, atendendo as túas opinións, impulsando a participación cidadá e favorecendo así a máxima transparencia da actividade municipal.

Con este proxecto feito xa realidade, desexamos mellorar a túa calidade de vida, favorecer a túa proximidade e interacción coas persoas que traballamos no Concello, e, desde aí, amosar aos visitantes a nosa vila e a nosa comarca. Pretendemos pois que sexa un instrumento sinxelo e facilitador a través do cal poidas contactar, consultarnos, recibir información, expresarte, suxerir, etc. É dicir, unha xanela aberta a través da cal vivir e sentir Arzúa.

Gustaríame convidarte a que a descubras, a que a utilices, e lembrarche tamén que, por suposto, ademais do acceso desde a Internet, a Casa do Concello está tamén aberta para atenderte.

Desde o Goberno ao que teño a honra de pertencer, traballamos e seguiremos a traballar na procura do teu maior benestar. Estou certo de que implicándonos todas e todos contribuímos a construír unha Arzúa aínda mellor.

Grazas pola túa atención e pola túa confianza.

Recibe un cordial saúdo.

Comments are closed.