Arzúa o destino verde de Galicia

O alcalde, José Luís García, inaugurou as VI Xornadas da ADSG de Gando Vacún

9 marzo, 2012

O alcalde de Arzúa, José Luís García López, asistiu no día de hoxe a apertura das Xornadas VI de ADSG de Gando Vacún.

As VI Xornadas de Gando Vacún, organizadas pola Asociación Defensa Sanitaria Gandeira Terras do Queixo, xiran sobre temas de interese para os gandeiros da comarca de Arzúa. O alcalde de Arzúa, José Luís García, foi o encargado de abrir estas charlas celebradas na mañá do día 9 de marzo. No seu saúdo aos case 50 gandeiros que estaban presentes na sala, o alcalde demostrou o seu compromiso co agro galego e comunicoulle aos alí presentes o seu interese por coñecer os problemas do sector gandeiro –sector económico fundamental na economía do concello arzuá. Deste xeito, José Luís García, afirmou que o seu equipo de goberno está disposto a axudar na medida do posible a este sector e, así o demostra, o mantemento da colaboración económica do Concello coa ADSG Terras do Queixo.

Deseguido, Irma Villanueva, veterinaria especialista de laboratorios MSD, dirixiu a charla “Benestar animal nas explotacións e problemas derivados (neumonías, diarreas, etc)”.

Por último, o Director Xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, José Álvarez Robledo, impartiu a conferencia sobre as “Novas reformas da PAC”.

O alcalde de Arzúa agradeceu o apoio que a ASDG Terras do Queixo lle presta aos gandeiros de Arzúa e fixo fincapé no compromiso que vai a manter no seu goberno co sector gandeiro de Arzúa.

Last modified: 22 diciembre, 2018

Comments are closed.