Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Alcalde de Arzúa solicitará axudas doutras administracións para paliar os danos causados polo temporal

O Alcalde de Arzúa solicitará axudas doutras administracións para paliar os danos causados polo temporal

Dúas pontes en perigo de derrube, multitude de infraestructuras afectadas e varios camiños rurais prácticamente intransitables son parte das incidencias deixadas polo temporal de choivas dos últimos días.

 

O temporal de choiva que azotou a Arzúa nos últimos días deixou diversas incidencias nalgunhas zonas do municipio, que tardarán algún tempo en recobrar a normalidade a pesar do intenso traballo que se está efectuando dende a administración local, onde o Alcalde, José Luis García, vén de anunciar que solicitará axuda doutras administracións ante a magnitude dos danos causados.

Dende a pasada fin de semana, os operarios do servizo de mantemento  e os efectivos do GRUMIR traballan a reo nas labores de limpeza e reparación de danos. O temporal de choiva deixou árbores caídas, contedores movidos, alcantarillas levantadas e outras incidencias maiores que  se concretan en camiños e pistas intransitables e no estrago de dúas pontes; unha delas na parroquia de Boente, coñecida como ponte de Punta Brea, en pleno Camiño de Santiago e outra a Ponte da Regada, ao pasar Vilantime, na estrada que vai de Arzúa ao concello de Santiso, no límite entre ambos. O mal estado desta última obrigou a cortar a estrada dende este luns ante o perigo de derrube da mesma e mentres non se busque unha solución para a súa reparación.

Dende o Concello, o alcalde recibiu nestes días a visita de numerosos veciños que se achegaron para informar doutras incidencias menores que se basan fundamentalmente en danos causados no firme dos camiños, no asolagamento das taxeas ou en problemas na rede de sumidoiros do alcantarillado.

O Alcalde anunciou que dende o concello se está traballando xa para cuantificar os danos producidos polo temporal  para proceder á elaboración de informes onde se deixe constancia da magnitude dos estragos; nos víndeiros días solicitará da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial a axuda necesaria para facer fronte á reparación dos danos e procurar que todos os veciños e veciñas de Arzúa poidan desenvolver o seu día a día con total normalidade. Unha das zonas máis afectadas foi o trazado do propio Camiño Francés, que segundo informaron dende o departamento de mantemento municipal é difícil de transitar nalgúns dos seus tramos; o alcalde poñerá esta situación en coñecemento do Xacobeo para a adopción das medidas que sexan precisas de cara a restablecer a normalidade.

José Luis García, agarda que “a administración autonómica avalíe detidamente a situación causada polo temporal no noso concello que afectou a numerosa infraestructura viaria e que tamén supuxo pérdidas importantes nas explotacións agrarias e nas superficies cultivadas”; sinala ademais que “a reparación dos danos non se pode afrontar só dende as arcas municipais é precisa axuda económica do goberno galego e da Deputación Provincial”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email