Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Alcalde de Arzúa promoverá unha fronte común na loita contra a desaparición do Xulgado

alcaldes1

O alcalde de Arzúa, José Luis García, reuniuse no día de onte no concello de Carballo xunto con catro alcaldes máis dos municipios de Ordes, Betanzos, Corcubión e Carballo coa finalidade de promover unha fronte común contra o antroproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial que vén de propor o goberno estatal e que suporía, no noso caso, a desaparición do partido xudicial de Arzúa.

No encontro celebrado na localidade de Carballo, os cinco alcaldes manifestaron a súa “oposición ao desmantelamento dos partidos xudiciais” que tería lugar no caso de sair adiante a proposta do ministro Gallardón de crear un único Tribunal Provincial de Instancia na cidade da Coruña.

O alcalde de Arzúa explicaba esta mañá que, entre outras medidas, no día de onte os rexedores acordaron que en cada un dos concellos afectados se ían propoñer nos respectivos plenos unha moción compartida por todos os grupos políticos das corporacións pronunciándose a favor do mantemento dos actuais xuzgados.

José Luis García explica, ademais, que nestes días intentará porse en contacto cos demais concellos da nosa comarca afectados por esta medida coa finalidade de buscar alternativas para a defensa do mantemento do Xulgado de Arzúa, do que dependen actualmente sete concellos: Santiso, Touro, Arzúa, Melide, Toques, O Pino e Boimorto.

A preocupación foi a nota dominante do encontro de onte en Carballo; así o fixo saber o alcalde de Arzúa explicando que na reunión “falouse e moito das consecuencias tan graves que tería para os respectivos concellos a desaparición dos seus xuzgados xa que isto implicaría afastar gravemente dos cidadáns un servizo moi importante, encarecelo e facer inaccesible para a maioría dos nosos veciños unha prestación básica e fundamental”, e non só iso senón tamén a repercusión que isto conlevaría para outros servizos da vila que se verían seriamente perxudicados: profesionais da avogacía, hostelería e moitos outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email